O deputado Telmo Martín reúnese con Ageinco

A asociación trasladóulle ao deputado as principais dificultades coas que se atopan os enxeñeiros galegos para desenvolver o seu traballo.

O deputado nacional, Telmo Martín, mantivo unha reunión con membros da Asociación Gallega de Empresas de Ingenería, AGEINCO, na que a Xunta Directiva da asociación lle trasladou ao deputado as principais dificultades coas que se atopan os enxeñeiros galegos para desenvolver o seu traballo, non só fóra de Galicia, senón tamén dentro do propio territorio nacional. “Internacionalizarse en España resulta complicado”, trasladáronlle, e de aí o necesario reclamo de un apoio ao sector da enxeñería en Galicia.

A asociación presentouse ante Martín como unha plataforma de asesoramento profesional que poia aos xestores na toma de decisións en materia de enxeñería e infraestruturas, buscando o mellor equilibrio e defensa dos intereses da profesión e aunando experiencias co fin de potenciar a enxeñería galega.

Pola súa parte, Telmo Martín, brindou a súa axuda en todos aqueles temas que lle tocan de cerca, vinculados coas infraestruturas e seguridade vial, como membro da Comisión de Fomento e vicepresidente da Comisión de Seguridade Vial.

Martín recomendou que as empresas traballen unidas nun momento coma o actual, no que escasea a obra pública e as infraestruturas. “En Galicia existe un texido especialmente forte, de experiencia e ben constituído e que está soportando o tirón dos tempos dunha forma case heroica, dada a difícil situación do país”.

Ademais disto, AGEINCO puxo a disposición do deputado todas as súas ferramentas de traballo como son as Tribunas que organiza con diferentes representantes sociais, políticos e económicos, e as ferramentas de comunicación interna cos seus asociados, como os boletíns internos ou a súa páxina web. Pero sobre todo ofrece un amplo grupo de profesionais da enxeñería con bagaxe profesional e empresarial.[:en]

 

  • A asociación trasladóulle ao deputado as principais dificultades coas que se atopan os enxeñeiros galegos para desenvolver o seu traballo.

O deputado nacional, Telmo Martín, mantivo unha reunión con membros da Asociación Gallega de Empresas de Ingenería, AGEINCO, na que a Xunta Directiva da asociación lle trasladou ao deputado as principais dificultades coas que se atopan os enxeñeiros galegos para desenvolver o seu traballo, non só fóra de Galicia, senón tamén dentro do propio territorio nacional. “Internacionalizarse en España resulta complicado”, trasladáronlle, e de aí o necesario reclamo de un apoio ao sector da enxeñería en Galicia.

A asociación presentouse ante Martín como unha plataforma de asesoramento profesional que poia aos xestores na toma de decisións en materia de enxeñería e infraestruturas, buscando o mellor equilibrio e defensa dos intereses da profesión e aunando experiencias co fin de potenciar a enxeñería galega.

Pola súa parte, Telmo Martín, brindou a súa axuda en todos aqueles temas que lle tocan de cerca, vinculados coas infraestruturas e seguridade vial, como membro da Comisión de Fomento e vicepresidente da Comisión de Seguridade Vial.

Martín recomendou que as empresas traballen unidas nun momento coma o actual, no que escasea a obra pública e as infraestruturas. “En Galicia existe un texido especialmente forte, de experiencia e ben constituído e que está soportando o tirón dos tempos dunha forma case heroica, dada a difícil situación do país”.

Ademais disto, AGEINCO puxo a disposición do deputado todas as súas ferramentas de traballo como son as Tribunas que organiza con diferentes representantes sociais, políticos e económicos, e as ferramentas de comunicación interna cos seus asociados, como os boletíns internos ou a súa páxina web. Pero sobre todo ofrece un amplo grupo de profesionais da enxeñería con bagaxe profesional e empresarial.