O debate de AGEINCO amosou o rexeitamento dos catro partidos políticos ás encomendas e á competencia desleal que supón a Universidad fronte á iniciativa privada
Profesionais relacionados coa enxeñería galega participaron hoxe no debate con representantes dos diferentes partidos políticos con representación parlamentaria, organizada por AGEINCO (Asociación Galega de Empresas de Enxenería e Consultoría). Dito acto contou coa participación de Ethel Mª. Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestructuras e voceira del Partido Popular; Nicolás Iván Vaqueiro Gradín, coordinador da campaña e voceiro do Partido Socialista de Galicia; Diego Santorio Moscoso, voceiro do Bloque Nacionalista Gallego; e Juan Merlo Lorenzo, voceiro de En Marea.
Todos coincidiron en que aumentarán o investimento en infraestructuras, co obxectivo de desenvolver a economía gallega e o bienestar social. Tamén confirmaron que apostarán por unha contratación pública con prezos razoables, acabando así coas baixas temerarias; e comprometéronse a buscar unha solución á competencia desleal das Universidades fronte ás empresas privadas. Por último, tamén coincidiron en que a Administración Galega non utilizará o sistema de encomendas na contratación.
O debate estivo moderado por el presidente de AGEINCO, Fernando López Mera, quen pediu aos participantes un posicionamiento claro sobre o investimento en inxenería, a competencia das empresas públicas de enxenería coas privadas, a adecuación dos procedementos de contratación pública, así como a valoración adecuada dos servizos de enxenería. Neste senso, Ethel Vázquez Mourelle lembrou a estos profesionales que “as empresas diseñan e dimensionan, mentres que os políticos fano realidade e opinan”, e engadiu que “os orzamentos do 2016 en xeral incrementáronse nun 4,3 % e, en materia de infraestruturas máis dun 8%”. Entre os proxectos de futuro destacou as estacións intermodais, así como os plans de reforzo do firme e das sendas de Galicia, así como o desafío que supón en trasporte público na nosa comunidade. “Confiamos nas empresas galegas e barallamos proxectos para medianas e pequenas empresas”, asegurou a conselleira de Infraestructuras.
Para Nicolás Iván Vaqueiro Gradín, coordinador da campaña e voceiro do PSdeG, a enxenería é un sector importante dentro e fóra de Galicia. Aunque “vivimos unha época na que se acabaron as grandes obras de infraestruturas, o certo é que Galicia ten que completar o seu mapa de comunicacións dunha forma realista”. Para elo propuso a posta en marcha dun Plan Director de Galicia. Entre os retos futuros situou a mellora da seguridade e fluidez de Galicia, completar a rede ferroviaria, redefinir a Lei do Solo Industrial, crear un plan de eficiencia nos edificios públicos e apostar pola enerxía xeotérmica, así como crear una mesa galega do sector da enxenería
Pola súa banda, Diego Santorio Moscoso, voceiro do Bloque Nacionalista Gallego, criticou a deficiente planificación das infraestructuras en base a unha mentalidad centralista e en beneficio das grandes constructoras. Dentro das súas propostas plantexou unha movilidade racional para acabar coa siniestralidade, potenciar o ferrocarril interior, a seguridade ena A-8, apostar polas enerxías renovables e o saneamento das rías, entre outras propostas. “Todo o que poida ser desenvolto dende as administración públicas, debe selo”, apuntó Santorio Moscoso, que ademais propuso “un aumento no orzamento da I+D+i e a creación dunha compañía galega para un tren de proximidade”.
Finalmente, Juan Merlo Lorenzo, voceiro de En Marea, destacou que “o investimento en innovación debe estar contemplada en todos os terreos”, apostando por un plan ambicioso no que ademais da Administración pública tamén entre a iniciativa privada e que redunde nos intereses do país. “Non entendemos un plan de infraestruturas que non leve unha partida propia de I+D+i, sempre falando dunha inversión real pero a nivel local”, asegurou. Nesta liña, apostou por uns Colexios Profesionais, que actúen como axentes moderadores e que busquen a competitividade, así como calidade dos diferentes actores.