Ageinco mantén unha reunión co Concelleiro de Fomento de Vigo para coñecer os proxectos para a cidade

O segundo tenente de Alcalde e Concelleiro de Fomento, David Regades, mantivo un encontro con representantes da Asociación Galega de Empresas de Enxeñería para a posta en común de diferentes proxectos

Representantes de AGEINGO (Asociación Galega de Empresas de Enxeñería) mantiveron un almorzo de traballo co Concelleiro de Fomento, David Regades, para coñecer os diferentes proxectos que o Concello de Vigo ten previsto, entre outras, en materia de mobilidade ou eficiencia enérxetica. Regades quixo salientar que en materia de eficiencia enerxética o goberno local nestes últimos anos, acadou un aforro de case un 30% con, entre outras medidas, a substitución das antigas lámpadas do alumeado público por tecnoloxía led, moito máis eficaz, o que permitiu ainda con ese aforro no consumo, incrementar en máis de cinco mil os puntos de luz existentes na cidade.

Os oito representantes da AGEINCO, encabezados polo seu presidente, quixeron trasladar ao concelleiro distintas ideas e proxectos que consideran que poden ser interesantes para a súa aplicación na cidade. De feito, o presidente de AGEINCO, Fernando López Mera, xunto cos seus compañeiros presentou unha batería de ideas para desenvolver en Vigo como un eixo costeiro para andar e e bicicletas dende Teis ata Samil; á entrada dende a AP-9 ao centro de Vigo polo Avenida de Bos Aires, tamén entre outras cuestións falouse da senda do Lagares e da estación intermodal. López Mera salientou que “foi unha xuntanza moi positiva para todos, porque axudounos a entender o tipo de cidade na que se traballa dende o Concello de Vigo, ademais cremos que é moi interesante para ambalas dúas partes desenvolver varias xuntanzas deste tipo ao ano”.

O Concelleiro quixo agradecer expresamente a colaboración de AGEINCO na modernización e o desenvolvemento sostible da cidade, e emplazounos para manter máis encontros de este tipo, xa que en palabras do propio Regades “esta e a nosa forma de entender a cidade, onde todos os colectivos, entre eles os profesionais nos poidan trasladar as súas ideas para entre todos seguir facendo de Vigo unha cidade máis humana e eficiente”.

Por último Regades invitou a todas e todos os asociados de AGEINCO a realizar unha visita a presa de Eiras, que abastece de auga a toda a cidade, e que “é unha obra digna de coñecer pola súa envergadura” e plantexou a posibilidade de que o próximo encontro de traballo se poida realizar na citada instalación municipal.[:en]

O segundo tenente de Alcalde e Concelleiro de Fomento, David Regades, mantivo un encontro con representantes da Asociación Galega de Empresas de Enxeñería para a posta en común de diferentes proxectos

Representantes de AGEINGO (Asociación Galega de Empresas de Enxeñería) mantiveron un almorzo de traballo co Concelleiro de Fomento, David Regades, para coñecer os diferentes proxectos que o Concello de Vigo ten previsto, entre outras, en materia de mobilidade ou eficiencia enérxetica. Regades quixo salientar que en materia de eficiencia enerxética o goberno local nestes últimos anos, acadou un aforro de case un 30% con, entre outras medidas, a substitución das antigas lámpadas do alumeado público por tecnoloxía led, moito máis eficaz, o que permitiu ainda con ese aforro no consumo, incrementar en máis de cinco mil os puntos de luz existentes na cidade.

Os oito representantes da AGEINCO, encabezados polo seu presidente, quixeron trasladar ao concelleiro distintas ideas e proxectos que consideran que poden ser interesantes para a súa aplicación na cidade. De feito, o presidente de AGEINCO, Fernando López Mera, xunto cos seus compañeiros presentou unha batería de ideas para desenvolver en Vigo como un eixo costeiro para andar e e bicicletas dende Teis ata Samil; á entrada dende a AP-9 ao centro de Vigo polo Avenida de Bos Aires, tamén entre outras cuestións falouse da senda do Lagares e da estación intermodal. López Mera salientou que “foi unha xuntanza moi positiva para todos, porque axudounos a entender o tipo de cidade na que se traballa dende o Concello de Vigo, ademais cremos que é moi interesante para ambalas dúas partes desenvolver varias xuntanzas deste tipo ao ano”.

O Concelleiro quixo agradecer expresamente a colaboración de AGEINCO na modernización e o desenvolvemento sostible da cidade, e emplazounos para manter máis encontros de este tipo, xa que en palabras do propio Regades “esta e a nosa forma de entender a cidade, onde todos os colectivos, entre eles os profesionais nos poidan trasladar as súas ideas para entre todos seguir facendo de Vigo unha cidade máis humana e eficiente”.

Por último Regades invitou a todas e todos os asociados de AGEINCO a realizar unha visita a presa de Eiras, que abastece de auga a toda a cidade, e que “é unha obra digna de coñecer pola súa envergadura” e plantexou a posibilidade de que o próximo encontro de traballo se poida realizar na citada instalación municipal.