A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, mantivo esta mañá un encontro con socios da Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO)
Argerey destacou o papel destas empresas na dinamización da innovación nas pemes e recolleu as demandas do sector, que pasan sobre todo por unha mellor fiscalidade
21 de marzo de 2018.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na Tribuna da Asociación Galega de Enxeñaría, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO), un encontro en Vigo cunha decena de empresas do sector da enxeñaría, consultoría e servizos tecnolóxicos encabezadas polo presidente de AGEINCO, Fernando López Mera. Unha reunión na que representantes de Gain expuxeron as principais liñas de apoio á innovación en Galicia e recolleron as principais demandas e inquedanzas do sector.
Argerey destacou o papel do sector da consultoría, enxeñaría e servizos tecnolóxicos externos na dinamización da innovación entre as pemes galegas que, na maioría dos casos colaboran neste tipo de empresas para desenvolver os seus proxectos de innovación en conxunto, contribuíndo así a aumentar a competitividade do tecido empresarial galego e, por extensión, a competitividade da economía galega.
Demandas do sector
Pola súa banda, Fernando López Mera explicoulle á directora de Gain que “as empresas que conforman AGEINCO somos punta de lanza en materia de innovación e elementos dinamizadores que podemos axudar a que outras firmas estendan o seu ámbito de traballo”. Neste sentido, lamentou que “as grandes empresas descoñezan que existen empresas pequenas que son habilitadores tecnolóxicos ás que poden acudir para calquera tarefa de innovación e rematen buscando fora o que hai en Galicia”. Un punto no que Patricia Argerey anunciou que o IGAPE está traballando nun listado de habilitadores tecnolóxicos.
dende o ente autonómico fosen máis a proxectos e empresas individuais, non a grupos ou sectores, e que as empresas que aposten pola innovación sexan consideradas como sector estratéxico e dinamizador da economía galega.
Argerey indicou que no futuro vaise rematar coas subvencións e que a aposta será maior polo capital risco, lamentando que moitas empresas só aposten pola innovación se hai unha achega económica vencellada. Así, adiantou que o futuro a nivel europeo pasa por que Galicia se posicione como Digital Innovation Hub en materias como biotecnoloxía, aeronáutica e Industria 4.0, e que así se reflexará na convocatoria prevista para o mes de xullo. López Mera lembrou que para as empresas de AGEINCO “a innovación é unha necesidade para poder desenvolver o noso traballo. Se podemos acceder a unha subvención, será unha axuda. Pero non tela non impedirá que sigamos apostando por innovar”.
Mapa de apoios
Previamente, representantes de Gain presentaron o mapa de apoios da Axencia á innovación, especialmente aquelas liñas encamiñadas a apoiar a I+D+i no tecido produtivo, tendo en conta o público destinatario. Así, explicaron os apoios á innovación nas pemes, como a novidosa convocatoria Innova Peme, dirixida a financiar o 50% dos custos de implementación dun Plan de Innovación en pemes e micropemes galegas, ou o programa Principia, para a contratación de técnicos de I+D+i por parte de empresas e organismos de investigación.
Tamén expuxeron as novidades na convocatoria Fábrica Intelixente, dirixida a apoiar proxectos estratéxicos de I+D+i para os intereses industriais de Galicia, que nesta edición apoiarán proxectos a partir de 4 millóns de euros, e outros instrumentos de financiamento, como os préstamos IFI Innova ou os fondos de capital risco, xestionados conxuntamente con IGAPE e Xesgalicia respectivamente.
Patricia Argerey enmarcou este apoio ao tecido empresarial galego no futuro Plan Galicia Innova 2020, que actualmente se atopa en fase de consultas e que contará cun investimento público-privado de 1775 millóns para impulsar, a través da innovación, a actividade económica e industrial e xerar máis emprego.
Sobre AGEINCO
AGEINCO (Asociación Galega de Empresas de Enxeñería e Consultoría) é unha asociación autonómica que agrupa na actualidade a 24 empresas: Aquatica, Cíes Atlántico, Ciesa, Centro Tecnológico Automóvil de Galicia, Eptisa, Fulcrum, GTG Ingenieros, Hidria, ICEACSA, Ingeniería Schilling, K2 Ingeniería, Landvey World, Naos Arquitectura, SGS Tecnos, Soltec, TYPSA, TEMHA, Urbing, Ingenia Proyectos, AIN ACTIVE, Adantia, Toscaria, Topcad e Índica Ingeniería.
CONTACTO: Nós Comunicación. Loreto Vázquez: 629 629 852 / 981 897 822.
Os socios de AGEINCO tamén aproveitaron para trasladarlle a Argerey a necesidade de facilitar o acceso a deducións fiscais para aquelas empresas que acometan traballos de innovación e tamén suxeriron a idoneidade de que as axudas e subvencións que se convocan